A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) asinou un acordo co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COITT) para facilitar iniciativas encamiñadas a fomentar o emprego deste colectivo no ámbito dos parques científicos e tecnolóxicos membros da asociación.
n
n
n
O convenio foi subscrito por José Javier Medina, decano do COITT e Felipe Romera, presidente de APTE. Ambos os dous coincidiron en resaltar que con este acordo se abrirán novas vías laborais no colectivo dos enxeñeiros de telecomunicacións dentro das empresas dos parques científicos e tecnolóxicos.
n
n
APTE facilitará con esta medida aos seus parques membros o acceso a unha ampla bolsa de emprego pertencente ao COITT composta polos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións, e pola súa parte o COITT abrirá novas vías laborais a este colectivo, difundindo as ofertas de emprego que os parques necesiten cubrir.
n
n
Con este acordo APTE amplía a súa rede de colaboracións con outras entidades e fomenta o emprego cualificado nos parques científicos e tecnolóxicos membros da asociación, contribuíndo así ao desenvolvemento de políticas de emprego de calidade.
n
n
(Fonte: APTE)
n