O Consello de Ministros aprobou recentemente a firma do convenio entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA), para a creación dunha liña de financiamento para a posta en marcha de proxectos empresariais promovidos por mozos emprendedores.
n
n
n
Esta iniciativa enmárcase no Plan de actuación de Apoio ao Emprendemento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e achegaranse a este 20 millóns euros ao longo do exercicio 2011. Este convenio servirá como continuación ao que veu funcionando dende o ano pasado
n
n
Poderán optar a esta liña as pemes de, polo menos, un ano de vida e que estean formadas maioritariamente por empresarios de ata 35 anos. Concederanse empréstitos participativos dun importe máximo de 50.000 euros para a adquisición de activo fixo e circulante para a actividade. O prazo máximo de amortización será de 4 anos, coa posibilidade de solicitar un período de carencia dun máximo de 6 meses.
n
n
O tipo de interese destas operacións aplicarase en dous tramos: un primeiro tramo ao Euribor a un ano máis 2% e un segundo tramo que se fixará en función da rendibilidade da empresa. O tipo resultante da suma dos dous tramos nunca poderá superar o 6%.
n
n
Sobre os resultados do convenio de 2010, ENISA financiou entre marzo de 2010 e marzo de 2011 máis de 300 operacións, por un importe total de 11,8 millóns de euros e un capital medio por empréstito de 39.144 euros, o prazo medio de concesión do empréstito foi de trinta días,
n
n
As solicitudes desta nova liña poderán tramitarse a través das Asociacións de Novos Empresarios ou da propia ENISA ata finais de decembro de 2011.
n
n
(Fonte: ENISA)
n