Apple, innovadora tecnoloxía capaz de cargar os Macbooks con enerxía solar

A Oficina de Patentes e Marcas de Estados Unidos (USPTO, polas súas siglas en inglés) aprobou unha patente presentada por Apple en relación a unha tecnoloxía capaz de complementar a carga da batería dos MacBooks con células fotovoltaicas, é dicir, con enerxía soar.

Trátase dun novo sistema formado por placas fotovoltaicas de dobre cara con cristal electrocrómico ou ‘smartglass’ (cristal intelixente). Esa cuberta fotovoltaica será a responsable de proporcionar unha carga adicional procedente da enerxía solar aos ‘notebooks’ de Apple, ademais da propia dos dispositivos. Como principal vantaxe, os Macbooks obterán así unha dobre fonte de autonomía e, ademais, dunha forma máis responsable co medio ambiente.

Ademais, se Apple continuase desenvolvendo esta tecnoloxía, talvez se podería conseguir un futuro Macbook cuxa batería se alimentase integramente da enerxía do Sol.

De acordo coas previsións da empresa da mazá, este sistema de placas fotovoltaicas poderá producir entre 100 milivatios a máis de 1 vatio.

(Fonte: Europa Press)