Anuncio do lanzamento da convocatoria de proxectos de investigación e innovación de Water JPI

A Iniciativa de Programación Conxunta “Os retos da auga nun mundo cambiante” (Water JPI), coordinada por España a través do Ministerio de Economía e Competitividade, lanzará proximamente a súa convocatoria piloto de proxectos transnacionais en investigación e innovación na temática de “Emerging water contaminants – anthropogenic pollutants and pathogens”. A convocatoria estará aberta do 1 de novembro de 2013 ao 19 de decembro de 2013.

n
n

nNela participan 11 países europeos (Chipre, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Noruega, Portugal, España e Holanda) a través das súas respectivas axencias financiadoras. Por parte de España as institucións financiadoras son MINECO/ DG Investigación Científica e Técnica e CDTI, o que asegura unha ampla cobertura dos posibles interesados en participar na mesma.
n
nO lanzamento desta convocatoria é un logro para a investigación e innovación no ámbito da auga a nivel Europeo.
n
n(Fonte: Ministerio de Economía e Competitividade)

n