Anfaco participa nun revolucionario envase biodegradable

O centro tecnolóxico dependente da patronal conserveira Anfaco-Cecopesca investiga nun ambicioso proxecto que pretende lograr envases máis finos, baseados no amidón de trigo, con aforro en custos e mínimo impacto ambiental.

n
n

nA idea é que entre dúas capas de propileno se introduce o amidón, que se demostrou como unha barreira moi potente contra os gases, como o osíxeno, o que evita a deterioración dos alimentos.
n
nO propileno é reciclable e o amidón, soluble en auga, é dicir, biodegradable, polo que os novos envases cumprirían o obxectivo de reducir o seu impacto ambiental.
n
nNo revolucionario envase, participan Investigadores do departamento de Tecnoloxías de Conservación de Alimentos do centro de Anfaco-Cecopesca. Con este proxecto de ámbito europeo preténdese lograr envases alimentarios, que usan amidón de trigo na súa elaboración.
n
nO proxecto, denominado Thinfish é continuación dun anterior, denominado Cobapack e pretende a mellora e aplicación dos seus resultados á industria alimentaria, de forma que se consigan envases máis finos, de custo competitivo. O envase preséntase como unha alternativa aos actuais no que se refire á conservación de produtos que non precisan tratamento térmico, como peixes e mariscos afumados, en salgadura, conxelados ou en fresco.
n
n(Fonte: madri+d)
n

n