O Centro Nacional Técnico de Conservación de Produtos da Pesca, Cecopesca, brazo de I+D+i da patronal conserveira Anfaco, está a piques de converter en realidade uno dos seus proxectos máis ambiciosos e longamente acariñados: a construción dun centro de tecnoloxías avanzadas de investigación para a industria mariña e alimentaria.
n
n
nO obxectivo, segundo os seus responsables, é dar resposta ás necesidades das empresas, que precisan ser cada vez máis competitivas para garantir a súa supervivencia. “Permitiranos dar un salto cuantitativo e cualitativo á hora de abordar novos proxectos de investigación”, afirma o secretario xeral de Anfaco, Juan Vieites.
n
nDo devandito salto non só se beneficiará a industria mariña, senón tamén a agraria e a alimentaria en xeral, xa que ampliará a súa bitola de excelencia a estes dous últimos campos.
n
nO futuro edificio terá unha superficie de 5.800 metros cadrados repartidos en seis plantas (dous sotos) e está orzamentado en 8,4 millóns de euros, dos que 2,4 millóns corresponderán ao instrumental, “o máis sofisticado do mercado”, segundo Vieites. De facer fronte á factura encargaranse a UE, a través dos fondos Feder (70%), e a Xunta (30%). A previsión é inauguralo no 2015.
n
nSegundo os responsables de Anfaco, o centro converterá a Galicia nun referente internacional en investigación avanzada no campo da industria mariña e alimentaria. Engaden que non será menor o impacto en termos científicos. “Permitirá aumentar de forma notable a capacidade investigadora e a xeración e transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao tecido empresarial”, din.
n
nNa actual conxuntura laboral, a posta en marcha do centro levará aparellado outro aspecto non menos importante: o do emprego. Os 85 investigadores que agora traballan en Anfaco non serán suficientes para atender todos os campos que se quere abordar. “Necesitaremos polo menos un cento de científicos”, sostén Vieites.
n
nLembra o secretario xeral de Anfaco que a industria mariña e alimentaria é un dos motores da economía galega, á que achega o 11% do PIB. Na comunidade, o sector suma un total de 2.525 empresas, que empregan a 28.600 persoas e que o pasado exercicio xeraron unhas vendas netas de 6.748 millóns de euros, dos que 1.910 corresponden ao sector de transformación de produtos pesqueiros, o que representa o 28,30% do total e o 54% de toda a industria española.
n
n(Fonte: La Voz de Galicia)