Concibido como un evento científico-tecnolóxico con carácter eminentemente práctico, os seus obxectivos son ser un punto de encontro e de referencia para a industria mariña e alimentaria e constituír un foro de debate entre o mundo empresarial, académico e científico. Os temas que se abordarán no simposio son produción sustentable, seguridade alimentaria, alimentación saudable e tendencias en alimentación e ámbito social.
Este simposio, que dá continuidade á primeira edición celebrada en 2010, está dirixido principalmente a empresas do sector da alimentación (xerentes, responsables de I+D, calidade, medio ambiente, produción, comerciais, responsables de compra de equipamento, tecnoloxías e servizos, responsables de mercadotecnia, etc.); asociacións empresariais do sector da alimentación; directores de grupo e investigadores de Universidades, centros tecnolóxicos e de investigación; estudantes universitarios e investigadores en formación; administracións; asociacións de consumidores; e empresas provedoras de solucións.
Máis información aquí.
(Fuente: Innovamás)