A Escola de Negocios da Innovación e os Emprendedores (IEBS) prorrogou ata o 15 de setembro o prazo para participar no Concurso Idea Innovadora 2013, dirixido a persoas con ideas innovadoras e que destaquen nas súas respectivas áreas de coñecemento. Os participantes poderán optar a unha bolsa total para cursar un máster da escola de negocios e recibir asesoramento para o desenvolvemento das súas ideas de empresa.
n
n
nEste certame é unha oportunidade para dar visibilidade aos proxectos, impulsar novos negocios, e formarse nun ámbito innovador e vangardista.
n
nAs categorías do concurso son: Emprendedores, Mercadotecnia, Capital Humano e Xestión do Coñecemento, Redes Sociais, Mobile Business & App móbiles, Periodismo Dixital, Software Libre & Business Applications e Ecommerce. Un xurado formado por profesionais do sector e profesores de IEBS elixirán as mellores candidaturas.
n
nAs inscricións poderanse realizar a través da web. O gañador recibirá unha bolsa total para cursar un Máster na Escola e será asesorado e apoiado no desenvolvemento do seu proxecto innovador. Pola súa banda, o segundo e o terceiro clasificado obterán senllas bolsas por importe do 70% e do 50%, respectivamente, para estudar un máster a elixir no IEBS.
n
n(Fonte: Innovamás)