O prazo de presentación de proxectos para a Preincubadora de ideas empresariais promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo amplíase até o 27 de xaneiro.
A convocatoria deste ano preséntase con novidades, xa que, por primeira vez, os Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo convócanse no tres campus simultaneamente e catro dos gañadores en calquera campus poderán optar a un dos catro espazos de traballo habilitados en Ourense, que poderán estar situados na incubadora do Centro de Empresas e Innovación ou na sala de coworking de Tecnópole.
Poden presentarse todos os alumnos e alumnas matriculados en calquera tipo de titulación da Universidade de Vigo, sexa grao ou master, e aqueles egresados que terminasen os seus estudos do curso 2011/2012 en diante.

A solicitude pode facerse de maneira individual ou en grupos de até catro persoas dun mesmo ámbito do coñecemento ou multidisciplinar. A cambio recibirán non só un espazo físico para a súa empresa durante un ano e sen custo algún (cos gastos de auga, luz, teléfono e internet pagos), senón que tamén terán asesoramento e formación continua por parte de expertos.
Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través da área de Emprego e Emprendemento da Universidade até o 27 de xaneiro. A selección farase en dúas fases que inclúen unha entrevista persoal e na que o xurado valorará sobre todo a implicación e a vocación emprendedora.