n
n
Un grupo de alumnos do curso de Financiamento de Empresas da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) visitaron a Tecnópole para coñecer de preto o funcionamento dun parque tecnolóxico e, máis concretamente, os instrumentos de apoio ao emprendemento innovador que a entidade ofrece.
n
n
n
n
n
n
Os 15 estudantes, todos eles con formación universitaria en diversas ramas da economía e as leis, foron informados sobre os instrumentos financeiros que hai a disposición dos emprendedores para apoialos tanto no inicio do negocio como na fase de consolidación.
n
n
Posteriormente, fixeron un percorrido guiado pola Tecnópole, con especial atención ás incubadoras empresariais, á sala de coworking e ás instalacións científico-tecnolóxicas de apoio á actividade innovadora: o Centro de Experimentación en Enerxías Renovables (CEER) e o Laboratorio de Biotecnoloxía.
n
n
n
n
n
n