O estudo sobre a fertilidade dos solos queimados e o deseño de estratexias para recuperalos, traballo realizado por Queila Bouza e Miguel Gómez, resultou premiado no maior certame científico escolar de España, a Exporecerca, celebrada a pasada fin de semana en Barcelona. O proxecto, que participara na última edición da Galiciencia, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.
n
n
nOs alumnos (procedentes do IES O Couto e do Colexio Divina Pastora de Ourense), vendo a gran cantidade de terreo afectado polos incendios e que as administracións basean os seus esforzos máis na extinción que na recuperación de solos queimados, decidiron buscar un método para poder diminuír considerablemente o tempo de recuperación. Para logralo, o que propoñen é aplicar residuos orgánicos da pasta de papel producida na industria da celulosa co obxectivo de evitar que o terreo se deslice ou sexa arrastrado pola auga das choivas e, sobre esa base, fixar novas sementes no solo para que xerminen.
n
nO traballo foi recoñecido pola Sociedade Catalana de Bioloxía, que recompensará aos gañadores cunha visita guiada a un laboratorio de investigación relacionado co tema do proxecto, e pola ASM Materials Education Foundation, unha fundación estadounidense con máis de cincuenta anos de traxectoria dedicada ao fomento da investigación entre os máis novos.
n
nA delegación enviada a Barcelona polo Parque Tecnolóxico de Galicia constou de 14 alumnos e alumnas de segundo ciclo da ESO e Bacharelato, acompañados de dous profesores, que defenderon oito proxectos desenvolvidos nas Aulas Tecnópole. Competían con 110 traballos procedentes de México, Brasil, Arxentina, Paraguai, Kazajistán, Turquía, Eslovaquia e Bélxica, ademais de España.
n
nIniciativas de divulgación
n
nAs Aulas Tecnópole son unha iniciativa de impulso á divulgación científica do Parque Tecnolóxico de Galicia, ao igual que sucede cos ‘Espectáculos de ciencia’ que durante estes meses están levando actividades divulgativas a estudantes de toda Galicia. Todas estas iniciativas están orientadas a espertar nos rapaces e rapazas a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.
n
nPolo que respecta ás Aulas Tecnópole, os estudantes trasládanse unha tarde por semana ao Parque Tecnolóxico de Galicia, onde levan a cabo os seus proxectos en equipo e axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características. Os estudantes, todos eles de segundo ciclo de Secundaria e Bacharelato, reciben deles formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa.