Allenta acudirá a “Os mércores de Tecnópole” para explicar os seus servizos en aceleración de contidos web e DataCenter

A empresa de tecnoloxías da información Allenta acudirá o próximo 6 de novembro ao ciclo “Os mércores de Tecnópole”. O CEO da empresa, Roberto Moreda, exporá dúas das súas liñas de traballo máis exitosas: o servizo de aceleración de contidos web e a monitorización en tempo real de DataCenter.

n
n

nAllenta é unha empresa creada en 2006 e con sedes no Parque Tecnolóxico de Galicia e A Coruña. A súa especialidade é a administración de sistemas e as solucións chave en man para mellorar as tecnoloxías da información de organizacións con contornos de centros de datos profesionais (DataCenter) esixentes. Entre os seus clientes figuran Pontegadea, NovaGalicia Banco, Fundación Amancio Ortega, Inveravante, La Voz de Galicia, Caramelo e IBM.

n

nA inscrición, totalmente gratuíta e aberta a empresas de toda Galicia, pode realizarse aquí.

n

nO ciclo “Os mércores de Tecnópole”, inaugurado o mes pasado coa participación de Egatel, continúa así coa vocación de pór en valor a innovación das súas empresas. O seu obxectivo é potenciar o papel tractor que as empresas de Tecnópole poden exercer nos seus respectivos sectores con base na innovación, dando a coñecer no contorno as súas fortalezas e diferenzas competitivas. Con isto preténdese contribuír a reforzar o seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais.

n

n(Fonte: Tecnópole)
n

n