Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella

A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais deste mes un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella.

O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixiénico-sanitario de instalacións sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevención e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuación específicos en función do tipo de instalación.

O curso, de metodoloxía teórico-práctica, terá lugar entre os días 28 e 30 de outubro no Edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia, cunha duración de 25 horas. O programa e a inscrición están dispoñibles na web da empresa. As empresas de Tecnópole contarán cun desconto do 10% na matrícula.

Máis información e inscrición.

(Fonte: Akunatura)