Akunatura organiza un curso sobre a nova norma de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración

A empresa Akunatura, situada en Tecnópole, organiza un curso de 12 horas de duración os próximos 3 e 4 de decembro sobre a nova norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 de requisitos xerais para a competencia de laboratorios de ensaio e calibración.

A inscrición está aberta. As empresas instaladas no Parque Tecnolóxico de Galicia, onde terá lugar o curso, teñen un 10% de desconto sobre a tarifa establecida.

A finalidade da formación é entender o enfoque actual da normativa, coñecer os novos requisitos e, sobre todo, dominar as propostas prácticas para logralos.

O curso está dirixido a xefes de laboratorio, responsables de garantía de calidade e técnicos de laboratorio de centros públicos, privados e de investigación.

Os asistentes adquirirán os coñecementos necesarios para interpretar a norma e adecuala á realidade do laboratorio e para implantar os requisitos nun sistema de calidade destas características nos laboratorios de ensaio e calibración ou en vías de acreditación.