Airbus Military, ADIF e Tecnalia Research & Innovation levan o premio Sello Innovación 2011 de APTE

A empresa Airbus Military e as entidades ADIF e Tecnalia Research & Innovation resultaron galardoadas na última edición do premio Sello Innovación 2011 de APTE. Os premios entregaraos o secretario xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Juan Tomás Hernani, o próximo 13 de outubro, coincidindo coa inauguración do quinto Encontro Ibérico de Parques Científico e Tecnolóxicos, xornada que se celebrará no Parque Científico de Madrid.

n
n

nO premio decidiuse tras examinar as 27 candidaturas presentadas polos parques científicos e tecnolóxicos, 10 na categoría de Infraestruturas I+D e outras 17 na categoría de mellor empresa.
n
nOs premiados
n
nAdministrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) é froito da Lei do Sector Ferroviario, que xorde da trasposición de directivas europeas e que obriga a que as grandes ferroviarias nacionais europeas xestionen de forma independente a infraestrutura e os trens que circulan por ela. As principais actividades que desenvolve esta infraestrutura son: a construción de novas liñas ferroviarias, o mantemento e a xestión das liñas existentes e a xestión do tráfico e asignación de sucos. ADIF apostou pola I+D+i creando en 2006 un departamento específico dedicado a esta actividade, que culminou a súa andaina coa creación dun centro dentro do Parque Tecnolóxico de Andalucía (Málaga).
n
nTecnalia Research&Innovation, é unha infraestrutura I+D situada no Parque Científico e Tecnolóxico de Biscaia que xorde tras a fusión de oito centros tecnolóxicos, converténdose así no primeiro centro privado de investigación aplicada de España e un dos máis importantes de Europa. Traballa 16 unidades de negocio sectoriais e conta cun equipo formado por 1500 persoas de alta cualificación, unha facturación de 122 millóns de euros en 2010 e máis de 3900 clientes.
n
nNa categoría de empresa, a entidade gañadora deste ano foi Airbus Military (EADS Construcións Aeronáuticas S.A). Esta empresa, situada no Aerópolis, Parque Tecnolóxico Aeroespacial de Andalucía (Sevilla), é fabricante de avións de transporte militar e humanitario e unha das empresas máis importantes do sector aeronáutico no noso país, que se dedica principalmente ao desenvolvemento, produción, venda e mantemento de avións de transporte de diversa tonelaxe. A entidade creouse formalmente en abril de 2009, tras a integración da antiga División de Avións de Transporte Militar (MTAD) e de Airbus Military Sociedad limitada (AMSL) en Airbus.
n
nEstas tres entidades reciben o Premio Sello Innovación de APTE 2011 pola súa achega á I+D nos parques científicos e tecnolóxicos, o capital humano que empregan en tarefas de I+D, o impacto económico das innovacións que desenvolven e as colaboracións que levan a cabo con outras entidades.
n
nO Premio Sello Innovación, que leva celebrándose tres edicións, é unha iniciativa que se enmarca no proxecto Rede de xestión de I+D+i, que executa a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) con apoio de Ministerio de Ciencia e Innovación.
n
nNovo membro de APTE
n
nPor outra parte, a Asemblea Xeral de APTE reunía no Parque Científico-Tecnolóxico de Córdoba (Rabanales 21) a 60 representantes de parques científicos e tecnolóxicos, nunha xornada onde se informou os seus membros sobre os diferentes proxectos e actividades que leva a cabo a asociación para o fomento e potenciación dos parques científicos e tecnolóxicos españois.
n
nDurante a xornada reuníronse as catro comisións delegadas da APTE (Gobernanza, Internacionalización, Financiamento e Transferencia de Tecnoloxía) no Reitorado da Universidade de Córdoba para abordar as liñas de traballo da asociación en aspectos como a transferencia de tecnoloxía e a internacionalización das empresas innovadoras situadas en parques.
n
nDurante o desenvolvemento da asemblea acreditouse ao Parque Científico e Tecnolóxico de Guadalaxara como novo membro afiliado da asociación. O Parque científico e Tecnolóxico de Guadalaxara (PCyTG) é un proxecto xerado e financiado conxuntamente pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, a Universidade de Alcalá, o Concello de Guadalaxara, a Deputación Provincial e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Dotado con 55.000 metros cadrados dedicados a laboratorios, centros de investigación, incubadora de empresas e espazos modulares, o obxectivo deste parque é dotar á provincia e a rexión de novas infraestruturas para o desenvolvemento científico e empresarial nos campos máis avanzados do coñecemento e as comunicacións.
n
nCoa incorporación deste parque, a APTE pecha 2011 con 81 parques membros, 49 deles parques operativos e outros 32 parques afiliados que se atopan en proceso de desenvolvemento. Estes parques aglutinan máis de 5500 empresas nas súas instalacións e en 2010 deron emprego a 145.155 persoas, das cales, o 17% é persoal dedicado a tarefas de investigación e desenvolvemento. Os parques científicos e tecnolóxicos españois facturaron o ano pasado 21.475 millóns de euros.
n
n(Fonte: APTE)

n