AIMEN reunirá os mellores expertos en soldadura por fricción, a máis punteira tecnoloxía de unión, para presentar os seus últimos avances ás empresas

n

n

O centro tecnolóxico galego AIMEN organiza na súa sede do Porriño a 'I Xornada Ibérica de aplicación industrial da técnica Friction Stir Welding', que abordará os últimos avances da tecnoloxía de soldadura por fricción para a súa utilización nos procesos industriais. O evento celebrarase o próximo mércores 1 de febreiro a partir das 9:00 horas. Trátase da primeira xornada celebrada para toda España e Portugal sobre aplicacións industriais do método FSW.

n

n

n

 

n

n

n

A súa principal vantaxe fronte a outros sistemas de soldadura máis convencionais, como o de fusión, é que permite realizar a unión dos materiais en estado sólido, sen chegar a fundilos, provocando menos deformacións, e mesmo permite mellorar as propiedades mecánicas propias da materia base.

n

 

n

O obxectivo deste evento é difundir as utilidades desta técnica entre as empresas de España e Portugal, onde a FSW non está tan estendida como noutros lugares do mundo, para que a consideren como unha alternativa real de futuro para empregar en moitos procesos produtivos. Por iso, AIMEN reunirá os mellores expertos das entidades de investigación líderes en tecnoloxías de unión, entre os que se atopa o propio centro do Porriño ou o alemán Helmholtz Zentrum Geesthacht GmbH, no que traballa o investigador brasileiro Jorge F. Dos Santos, unha das eminencias especializadas en FSW máis destacadas a nivel internacional. Os relatores exporán experiencias prácticas, como o uso da soldadura por fricción na unión de paneis conxeladores verticais, na produción de estruturas lixeiras ou no procesamento do aluminio.

n

 

n

Esta acción divulgativa diríxese a compañías de todos os sectores industriais, en particular aos seus directores de produción ou de enxeñería, de soldadura, de calidade, etc., así como a investigadores e tecnólogos de universidades e outros organismos de I+D+i. Os interesados en inscribirse ou recibir máis información sobre a 'I Xornada Ibérica de aplicación industrial da técnica Friction Stir Welding' poden dirixirse ao correo electrónico formacion@aimen.es ou ao teléfono 986 344 000.

n

 

n

(Fonte: AIMEN)

n

 

n

n

n

 

n