O centro tecnolóxico Aimen lidera un proxecto europeo de I+D para desenvolver plantas piloto de tratamento de augas residuais urbanas e industriais coa finalidade de desenvolver unha tecnoloxía competitiva en canto a eficiencia pero moito máis sustentable que os sistemas existentes.
n
n
nO Proxecto HIGHWET ("Performance and validation of HIGH-rate constructed WETlands"), cun presuposto de 1,2 millóns de euros, é unha iniciativa europea que recibiu financiamento do Sétimo Programa Marco de I+D da Unión Europea. O proxecto está coordinado por Aimen e conta con 5 socios europeos: o grupo de investigación universitario Aarhus University (AU, Dinamarca) e tres empresas: Humigal (spin-off da UDC, España), Kilian Water Aps (Dinamarca), Rietland bvba (Bélxica) e KT Food Aps (Dinamarca).
n
nA pesar de que a Directiva Marco da Auga 2000/60/CE obriga a tratar as augas residuais, hai unha gran cantidade de poboacións inferiores a 10.000 habitantes equivalentes sen un saneamento correcto das súas augas residuais. Ademais, moitos destes municipios non poden facer fronte aos custos de enerxía e mantemento de plantas de tratamento convencionais, resultando ser plantas insostibles para a maior parte das poboacións.
n
nO proxecto HIGHWET ten como obxectivo realizar e validar novos sistemas anaerobios e humedais construídos incluíndo materiais innovadores como o leito de grava e dispositivos de aireación para aumentar o desenvolvemento biolóxico mediante a implementación de configuracións híbridas (anaerobio – humedais) para a redución da superficie requirida polos humedais horizontais convencionais.
n
nA contribución global do proxecto HIGHWET para mellorar o coñecemento ou a tecnoloxía de proceso dos humedais construídos como alternativa de tratamento é desenvolver configuracións integrais que combinan dixestores anaerobios hidrolíticos micro-aireados e humedais verticais e horizontais aireados con recirculación.
n
n(Fonte: Aimen)