Esta proposta permitirá capturar imaxes do proceso de fabricación a moi alta velocidade. Ademais, tamén posibilitará medir a distribución da temperatura con independencia dos materiais a procesar, algo inviable na actualidade. A partir desas medicións e xunto a outros aspectos, MAShES implementará un sistema de control en tempo real dos diferentes parámetros do proceso para eliminar a aparición de defectos.
O proxecto validarase coa produción de moldes de estampación e de compoñentes de automoción e poderá ser empregado tamén no sector aeronáutico e o enerxético. O obxectivo é reducir un 80% o tempo destinado á configuración do proceso de fabricación e ata un 25% o tempo destinado ao proceso de execución. Todo isto podería supoñer unha redución de custos de produción e un aforro de materiais e enerxía.
No proxecto participan, xunto a Aiment, catro centros de investigación de Alemaña , Francia e Grecia. O presuposto do proxecto é de 3,67 millóns de euros e as solucións comerciais sairían nun prazo de 2-3 anos desde a finalización do proxecto.
(Fonte: La Voz de Galicia)