Co novo sistema, que combinará a achega láser de fío e po nun dispositivo cun cabezal híbrido, preténdese mellorar a calidade do produto, incrementar a eficiencia do material final empregado en máis dun 30%, aforrar a cantidade de material, diminuír os residuos xerados, mellorar a produtividade e a velocidade do proceso, e reducir os custos e aumentar a rendibilidade.
En canto ás súas aplicacións, Aimen asegura que na industria aeronáutica se poderá utilizar para fabricar pezas de gran tamaño en aliaxes lixeiras; na automoción e o metalmecánico para producir compoñentes estruturais de grandes dimensións; e na industria enerxética, petroquímica e naval para crear pezas de alto valor engadido.
Segundo Aimen, o proxecto supón un “salto tecnolóxico”, así como un “desafío”, ao buscar “solucionar as deficiencias” actuais da fabricación aditiva por láser en pezas de grandes dimensións para así “explotar este sistema en máis produtos e dun modo máis rápido e efectivo”.
(Fonte: Faro de Vigo)