As claves para a súa elección foron o carácter innovador da empresa, o seu investimento en investigación en colaboración coas universidades galegas e a súa capacidade xeradora de riqueza.
Agroamb procesa e recicla máis de 250.000 toneladas de restos orgánicos, aos que dá un novo valor como fertilizantes. A firma creou 38 postos de traballo directos e outros 150 indirectos e logrou diversificarse con novas iniciativas empresariais sobre a explotación en común da terra, a prestación de servizos agrícolas ou a loxística con colectores.
O premio foi recollido polo administrador único de Agroamb, Severiano Ónega, que llo dedicou ao seu pai, “o verdadeiro promotor e alma máter, xunto coa nosa nai, deste proxecto que avanza”. Tamén mostrou a súa admiración polas anteriores xeracións de traballadores agrícolas que, malia as circunstancias adversas, lograron saír adiante e sentar as bases para o desenvolvemento actual.
Ónega recibiu o galardón das mans da conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, que compartiu mesa co reitor da USC, Juan Viaño, o fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e o presidente da Deputación, Dario Campos.
(Fonte: El Progreso)