O consorcio do proxecto Plantadac, liderado por Agroamb e GV Solucións, fórmano tamén Indutec Ingenieros Energylab e a Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo principal do proxecto é desenvolver unha planta de dixestión anaerobia de baixo custo e doada operación, adaptada ás explotacións galegas de tamaño medio e que permita valorizar os residuos orgánicos mediante a produción de biogás. Trátase dun produto pensado para permitir aos xestores de explotacións gandeiras aforrar os custos derivados dunha normativa cada vez máis esixente en relación á xestión e tratamento dos residuos gandeiros.
Para iso esta nova planta permitirá, entre outras melloras, valorizar enerxeticamente os residuos in-situ (autoconsumo térmico) e obter un fertilizante orgánico de alta calidade que poderá ser usado nas propias explotacións sen necesidade doutros tratamentos adicionais.
(Fonte: Energylab)