Agroamb amplía instalacións para triplicar a súa produción

Agroamb, grupo líder en Galicia na valorización de residuos biodegradables para fertilización de chan agrícola e forestal, comezou xa as obras de ampliación das súas instalacións técnicas, situadas no lugar de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei (Lugo), para poder cubrir a demanda que ten. A empresa conta tamén cun centro de traballo en Tecnópole.

n
n

 

n

Nun prazo de 18 meses está prevista a finalización destas obras, que suporán para a empresa dispoñer de 8000 metros cadrados máis (que se sumarán aos 5000 cos que conta na actualidade) para poder mellorar o proceso, elaborar outras liñas de produción e ampliar a almacenaxe do fertilizante que despois se destinará á fertilización dos campos. Segundo explica Severiano Ónega, propietario da empresa xunto ao seu irmán Álvaro, "este é un dos tres proxectos previstos para os próximos meses", que requirirá un investimento de dous millóns de euros.

n

 

n

Agroarmb naceu hai doce anos como unha iniciativa local de emprego e, tras o seu paso polos viveiros da CEL, levaron adiante un proxecto que, ademais de recibir premios e distincións por parte de diferentes organismos polo seu cariz ambiental e innovador, conseguiu aumentar o seu volume de empregados ata os 40 e a súa facturación ata chegar aos 6.416.918 euros, sempre cun incremento importante ano a ano, dende 2006.

n

 

n

Este aumento da facturación foi correlativo co volume de produción, que tivo moito que ver coa aceptación do agricultor deste sistema, que ademais de mellorar os resultados sobre todo en cultivos forraxeiros, é un método moito máis económico e respectuoso co medio ambiente.

n

 

n

Severiano Ónega explica que os residuos que tratan proceden na súa maioría de estacións depuradoras e industrias, como as de alimentación (conserveiras, lácteas, cárnicas e vitivinícolas, entre outras), papel e taboleiros. O 5O% do recollido aplícase directamente (unha vez tratado), pero o resto almacénase, xa que a fertilización dos campos se realiza só dúas veces ao ano, en primavera e outono. Ata agora, o seu lugar de actuación para a recollida cínguese a Galicia, Castela-León, Asturias e Norte de Portugal, aínda que a aplicación en campo só se realiza nas dúas primeiras comunidades.

n

 

n

O crecemento do grupo quedou tamén marcado pola formación de distintas empresas especializadas: Tresarnb Logística de contenedores, Trabo Agrícola ou Galega e Ónega Ares, ás que se une a súa participación na UTE Agroamb-Tresirna. Cada unha delas ocúpase da xestión dunha das fases de produción, pechando deste xeito o ciclo.

n

 

n

Outro dos proxectos que acometerá en breve será a elaboración dun fertilizante envasado para a súa venda seguindo o sistema de comercialización tradicional. Niso levan traballando dende as orixes de Agroamb.

n

 

n

Ademais, ten en marcha varios proxectos de investigación coas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, e construirá unha planta de biogás para dar valor enerxético aos residuos.

n

 

n

(Fonte: Expansión)

n