Por segundo ano consecutivo, Aerocamaras obtivo o indicador Ardán Empresa Gacela 2022. Este recoñecemento é outorgado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 1995, a través dos estudos realizados polo Servizo de Información Empresarial Ardán. Estes indicadores teñen por obxectivo pór en valor a excelencia empresarial de compañías galegas que demostran competencias diferenciais na xeración de vantaxes competitivas e en base a iso son referentes na economía de Galicia.
O indicador outorgado a Aerocamaras recoñece a xestión empresarial da compañía a través da súa taxa do crecemento elevado e constante, concretamente de máis do 25% durante tres anos consecutivos -período 2018-2020-, mesmo en contextos de recesión como o propiciado pola COVID-19. Ademais, este certificado destaca á entidade pola súa “capacidade de adaptación ás esixencias do mercado, xerar riqueza, crear emprego e reter talento”.
Conseguir un indicador Ardán non é doado. Das 35.651 empresas analizadas, só o 3,93% conseguiu polo menos un indicador. Obteñen o Indicador Ardán aquelas empresas que superan os restritivos valores esixidos nos cocientes ou índices sintéticos utilizados para a medición. Estes indicadores están apoiados por expertos do ámbito da competitividade e o management empresarial que avalan con rigor científico aquelas empresas que destacan pola súa excelencia.
Fonte: Faro de Vigo