Aerocamaras realizará cursos de formación para pilotos en Sudamérica

A compañía especializada en drons, Aerocamaras, cuxo creador e máximo responsable é o lalinense Jaime Pereira, anunciou a estrea dun curso presencial para formar pilotos en Sudamérica. Trátase dunha formación especializada para instruír a profesionais na inspección de parques eólicos, redes eléctricas e paneis solares, así como a aprendizaxe relacionada coa topografía e a fotogrametría con utilidades en actividades de agricultura de precisión e planificación de voos.

Todo iso realízase en previsión da chegada de drons de inspeccións técnicas a varios países do subcontinente americano como Chile. Este tipo de aeronaves non tripuladas permitirán comprobar o estado das estruturas de maneira eficaz e segura.

Ademais, a firma galega vendeu aeronaves non pilotadas ao país do cono sur como parte do seu despegamento internacional. Jaime Pereira destacou a necesidade destes cursos de formación para «demostrar á sociedade o labor que poden cumprir os multirrotores».

Fonte: La Voz de Galicia