Aerocámaras logra abrir o mercado dos drons en Malí

A empresa galega Aerocámaras, con sede en Parque Tecnolóxico de Galicia, conseguiu abrir o mercado dos drons en Malí, onde se converteu na primeira compañía do sector autorizada para operar con avións non tripulados e ten comprometidas accións de formación para os próximos dous anos.

Dende hai un mes, os técnicos da compañía galega están a capacitar profesionais de diferentes puntos do país africano de sectores diversos, como a telefonía, a enerxía e os de seguridade e emerxencias. Ademais, durante os próximos meses, Aerocámaras implantará os seus servizos en grandes empresas malianas.

Os responsables da empresa destacan que os drons son especialmente útiles en países en vías de desenvolvemento pola escaseza e precariedade das comunicacións e as amplas zonas despoboadas. Os sectores nos que prevén aplicacións a maior escala son, ademais do enerxético e o de seguridade e emerxencias, os do transporte e as inspeccións.

“Todas as semanas recibimos chamadas doutros países para pedir solucións máis que variadas”, destacan dende Aerocámaras, “pero os tempos de resposta de Malí foron curtos. Noutros países atopamos moita máis burocracia, pero neste caso a necesidade do uso de drons axudounos a axilizar os trámites directamente co goberno”.
Os técnicos de Aerocámaras atopáronse con circunstancias especiais ás que deben adaptar as operacións en Malí. As temperaturas elevadas diminúen os tempos de voo, ao que hai que sumar as cuestións de seguridade e comunicacións e a falta de infraestruturas axeitadas.

A empresa galega está xa presente en varios países de Oriente Medio, así como en PeruÏ, MeÏxico, Honduras, Reino Unido ou SuiÏza, entre outros. Precisamente hai unhas semanas, fÌxose cun importante contrato en California que reforza o seu posicionamento no mercado internacional tanto no ámbito da formación como no da fabricación á medida de drons cunha autonomía de ata catro horas, en lugar dos 20 ou 30 minutos dos seus competidores.

(Fonte: Aerocámaras)