Aerocámaras, líder en formación de pilotos de dron: máis de 35.000

Aerocámaras pecha un ano máis consolidándose como referente no mercado nacional de drons. A súa escola é líder en formación de pilotos, con máis de 35.000 certificados. A empresa lalinense, que en 2022 cumpriu quince anos de traxectoria profesional, cobre máis do 75% do sector dos drons en España. Unha das grandes novidades de 2022 foi o despregamento de Aerocámaras Portugal, con sede en Coímbra e centros de formación en Lisboa, Porto e Faro, onde xa comezou a impartir formación e ten previsto ampliar o seu catálogo de cursos.

Tamén conseguiu a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública para impartir de forma oficial a corpos e forzas de seguridade. No panorama nacional, Aerocamaras ampliou a súa carteira de servizos de inspeccións técnicas a plantas petroquímicas e como provedor de servizos para empresas de seguridade, en materia de vixilancia e control de furtivismo. Ambos os servizos xa contan coa adxudicación de varios proxectos que seguirán desenvolvéndose en 2023 e para os que está previsto que se contraten alumnos da bolsa de traballo da empresa.

Ademais de continuar en Italia ou Portugal, o equipo de Aerocámaras estivo despregado durante o pasado ano en países de África e Latinoamérica con servizos de topografía e inspección de estruturas renovables e infraestruturas críticas. Precisamente, agora valora opcións con partners estratéxicos para ofrecer formación e atender as súas operacións en Centroamérica e Sudamérica. E está en vías de pechar un acordo de usufructo co Aeródromo de Villanueva del Pardillo, o que lle permitirá establecer a súa segunda sede nacional en Madrid, que se prevé estea operativa no primeiro semestre de 2023.

Fonte: Faro de Vigo