A idea desta filmación para as Forzas Armadas xurdiu a raíz da “proposta do profesor do Campus universitario de Cádiz Luis López, que foi quen intermediou para que se levase a cabo a súa realización cun dos nosos drons”, apunta Pereira.
Esta gravación de imaxes requiriu dun “permiso especial da Mariña, posto que o espazo aéreo está totalmente restrinxido durante o desenvolvemento do acto de saída do barco do porto de Cádiz”. O dron que levou a cabo a gravación deste vídeo partiu dun veleiro e recolleu todo o desenvolvemento do acto, no que o buque escola estivo acompañado por “ao redor de 100 barcos, algo que realmente é espectacular”, subliñou o director de Aerocámaras.
En canto á finalidade deste vídeo, “quedará con el o almirante da frota, máis ben na liña de contar con esas imaxes da saída que ata agora non tiveran nunca, aínda que non sabemos que fin último terán, se será para un vídeo promocional ou como arquivo de imaxes para eles mesmos”.
En concreto pedíuselle á empresa radicada en Ourense “filmar todos os puntos de vista do barco, cenitais, laterais, planos máis próximos, máis abertos, Cádiz de fondo… Nós entregamos as imaxes en bruto e se logo nos piden algunha montaxe farémolo”, explicou Pereira.
Próxima cita
A próxima cita cos drons de Aerocámaras será o día 2 de abril, na xornada de clausura do I Congreso de Drons que terá por sede Ourense. Neste haberá unha exhibición deste tipo de aparatos, “onde poderá verse este modelo que hoxe -por onte- utilizamos para filmar a saída do Juan Sebastián Elcano do porto de Cádiz, xunto con outros máis orientados a carreiras de drons ou a outras funcións”, avanzou o director da empresa ourensá.
(Fonte: La Región)