Adegas Martín Códax recolleu o premio HG&T-Agaxet na categoría I+D e formación como adega líder do proxecto 'Innter Gal-Eno 2012'', no contexto da XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia.
n
n
nO director da adega, Juan Vázquez Gancedo, recalcou a importancia da investigación e o desenvolvemento no campo da viticultura e do sector primario e de servizos no momento actual.
n
n"Os que somos viticultores sempre cremos nos resultados do traballo ben feito e nunha vida vinculada á nosa terra e valores tradicionais", manifestou Vázquez Gancedo. "Esta forma de vida dános unha visión a medio e longo prazo que nos permite predicir unha Galicia da post crise baseada no sector primario e terciario, pero este sono só poderemos alcanzalo con colaboración e con innovación", concluíu o director de Adegas Martín Códax.
n
nÁ recollida do premio acudiron tamén representantes do resto de adegas que forman parte do proxecto (Adegas Valmiñor, Adegas Moure, Adegas Rectoral de Amandi, Pazo de San Mauro e Virxen de Galir), así como da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), do Instituto Tecnolóxico de Galicia e da Universidade Politécnica de Madrid.
n
nO proxecto 'Innter Gal-Eno 2012', liderado por Adegas Martín Códax, nace no marco do programa Innterconecta promovido polo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial co obxectivo de potenciar o valor das variedades vinícolas autóctonas galegas para elaborar produtos e viños diferenciados e de alta calidade; redeseñar os procesos de produción para reducir os custos; realizar unha viticultura máis respectuosa co medio e mellorar as marxes de comercialización. As nove variedades que estuda o proxecto son Albariño, Godello, Treixadura, Loureiro, Caíño branco, Mencía, Castamal, Merenzao e Caíño tinto.
n
nA parte científica do proxecto foi encargada ao CSIC e o ITG que realizan os traballos de investigación a través do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e da área de innovación Tecnolóxica do ITG. Contan tamén coa colaboración da Universidade Politécnica de Madrid.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)