Acuasec recibe o premio “Á túa saúde 2015” como mellor empresa polo seu tratamento do aire

Acuasec, con sede en Tecnópole, acaba de ser recoñecida co premio “Á túa saúde 2015” como mellor empresa polo seu tratamento do aire. Estes galardóns son concedidos anualmente polos xornalistas especializados en temas de saúde que elaboran o suplemento “Á túa saúde” do diario La Razón.

Vivir nun ambiente húmido aumenta a posibilidade de contraer enfermidades respiratorias e pulmonares e, ademais, aumenta o risco de padecer alerxias. A aparición de manchas negras na roupa, bafo nas ventás, paredes húmidas ou descascadas ou un mal olor constante no interior das vivendas son algunhas das manifestacións destes fenómenos, aínda que non son as únicas.

A humidade provoca a proliferación de colonias de fungos que pode ocasionar problemas de saúde tales como dores de cabeza, sinusite ou asma, entre outras patoloxías. Cada tipo de humidade é complexa e require un diagnóstico exhaustivo para ver a que tipo nos enfrontamos. Algunhas débense a problemas estruturais, como as humidades capilares ou as filtracións, nalgúns casos os alicerces rozan a capa freática subterránea provocando gretas ou corrosión nas estruturas.

Non obstante, “o problema máis habitual é a condensación. Por un lado, porque afecta ás vías respiratorias, xera asma e alerxias e afecta a unha gran parte da poboación e, por outro, porque ten que ver exclusivamente co tipo de vivendas actuais e o estilo de vida. Constrúese de forma hermética para que non escape a calor e iso significa que a actividade cotiá das persoas, en actos tan comúns como ducharse, cociñar, pasar o ferro, lavar a roupa ou o simple feito de respirar, produza pequenas gotiñas de auga que van depositándose paulatinamente, axudando á aparición de fungos. Unha familia de tres persoas pode producir entre dous e sete litros de vapor de auga ao día”, explican os profesionais de Acuasec.

Por se fose pouco, este tipo de humidade tan habitual non se concentra nun lugar específico da península senón que afecta por igual porque, como se viu, é o resultado da forma de construír e do estilo de vida. Como mostra só un dato e é que a empresa instala cada ano ata 3500 aparatos para loitar contra a condensación.

O primeiro que se necesita para resolver un problema de humidade é facer un diagnóstico completo. O equipo de Acuasec, que conta con sucursais en toda a península, ofrece un servizo de toma de medidas gratuítas e un estudo in situ con aparatos de última xeración grazas aos cales identifican onde está o problema e cal é o tipo de humidade a combater.

“Moita xente na súa casa ve que ten unha humidade pero non sabe de onde vén. Ao final recórrese a solucións temporais que non conseguen resultados, como cubrir as manchas con algunha pintura. Isto funciona en verán, que é cando a humidade por condensación se manifesta menos. Unha vez volve o inverno, cando a casa está menos ventilada e a pintura se descasca, o problema faise novamente patente”, continúan dende Acuasec.

Unha vez recibido o informe do técnico e identificada a forma de actuar, dous enxeñeiros revisan o traballo previo e deciden que solución é a mellor para cada caso particular. No caso da condensación, que é a forma máis habitual de humidade no fogar, Acuasec instala nunhas horas unha das súas centrais de tratamento de aire, un pequeno aparato denominado CTA de 11 cm. de alto e uns sete de profundidade. O CTA actúa, en palabras dos membros da empresa, como un pulmón para a vivenda, xa que recolle o aire limpo e expulsa o aire cargado destas gotiñas de condensación.

O proceso non leva máis de quince días dende que se realiza a primeira chamada do cliente, fanse as medicións e o diagnóstico completo e procédese á instalación da central. Ademais, a empresa garante a resolución do problema de humidades de por vida. “O máis importante para nós é a saúde e o que máis valoramos é a chamada dos nosos clientes poucos meses despois da instalación, cando nos contan que os seus fillos ou eles mesmos puideron deixar de usar os broncodilatadores que antes utilizaban periodicamente,” afirman dende a empresa. O máis importante, recordan, é contar cun diagnóstico completo do problema e poñerse en mans de profesionais para acabar cun problema que causa notables prexuízos á saúde.

Vinte anos de traxectoria

Acuasec opera a nivel nacional dende que comezara a súa andaina cara a 1996. As súas solucións foron deseñadas para identificar as causas da humidade e eliminar os problemas de raíz e os seus produtos fabrícanse seguindo un sistema de control de calidade ISO 9001. Un responsable de obras valida o tratamento recomendado polo técnico, quen previamente visita a vivenda para tomar mostras e realizar medicións in situ e de forma gratuíta. Cada ano, Acuasec executa innumerables obras, todas elas cun compromiso de garantía por escrito.

(Fonte: La Razón)