Acuasec, empresa ourensá especializada no tratamento de humidades, foi galardoada recentemente coa medalla europea ao mérito no traballo.
Con esta distinción recoñécese a traxectoria profesional da firma, nacida en 1997, así como “os seus servizos relevantes á Unión Europea e os seus extraordinarios traballos”. A medalla foi concedida pola Asociación europea de economía e competitividade.
A firma, que ten a súa sede na Tecnópole, foise expandindo ao longo de todo o territorio nacional, con traballos tanto para empresas como para particulares. O seu persoal está integrado por técnicos, enxeñeiros e empregados especializados que aplican os tratamentos contra as humidades. Actualmente teñen unha delegación en Cataluña e na súa longa traxectoria xa recibiron outros premios.
(Fonte: La Voz de Galicia)