A Xunta lanzou axudas para que empresas e organismos de investigación contraten profesionais para labores de I+D+i durante alomenos un ano. Os apoios son de 10.000 euros por contrato. O programa Principia pretende favorecer a incorporación de 111 persoas, o 91% por parte de firmas e as demais por universidades ou centros tecnolóxicos, entre outros.
Os detalles da convocatoria publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG). A iniciativa, que xa vai pola súa quinta edición, conta nesta ocasión cun orzamento de 1,17 millóns de euros. No que respecta ás empresas, a metade son microempresas e o 41% pemes. Seis de cada dez contratacións apoiadas son de carácter indefinido e o salario medio dos empregados será de 21.711 euros brutos anuais. Preto da metade carecen de experiencia previa, polo que este emprego supón para eles unha primeira oportunidade laboral no ámbito da innovación.
Fonte: El Progreso