Este sistema de medición, tal e como resaltou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, busca promover os procesos de innovación nas empresas en Galicia, a través dun índice sintético que establece, baseándose nunha escala de entre 0 e 1000 puntos, a súa posición e grao de innovación.
Ademais, as empresas que realicen a enquisa online recibirán, de xeito totalmente gratuíto, o Informe Innobench, un informe personalizado que incluirá aspectos tan importantes como a súa posición relativa con respecto ás empresas do mesmo sector económico e o seu potencial de mellora, propoñendo accións concretas e incluíndo unha matriz coas axudas públicas dispoñibles para abordalas. De feito, os resultados obtidos nesta enquisa serán tidos en conta por esta Consellería no deseño e desenvolvemento dos programas de apoio á innovación nas empresas, e poderán incluírse como criterio de valoración nas futuras convocatorias.
No acto de presentación, Javier Taibo, director xeral de Egatel -a única empresa galega que conseguiu 5 estrelas no Indicador de Innovación de Ardán-, valorou moi positivamente esta nova ferramenta de medición e o informe que se obtén a través dela.
As empresas galegas poden xa acceder á enquisa online e obter o informe Innobench.
(Fonte: Gain)