Aberto o prazo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole

As empresas e centros tecnolóxicos do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen de prazo até o 4 de abril para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole, dirixida a impulsar iniciativas conxuntas de I+D+i con grupos de investigación da Universidade de Vigo.

n

En 2010 foron 16 os proxectos presentados por outras tantas empresas e centros tecnolóxicos, aínda que finalmente foron 15 os alumnos seleccionados, xa que unha das empresas non atopou o perfil que necesitaba. 

n

Os beneficiarios desta iniciativa foron a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, o CIS-Madeira e as empresas Contact Comunicación, Intellectia Bank, Kinétika Innovacións Estruturais, Píntega Enxeñería, Telémaco, Redegal, Conexiona Telecom, Trabeculae, Ideit, Akros, Agroamb Prodalt, Quobis Networks e Enyiris. Os bolseiros permaneceron traballando nas empresas un período entre tres e cuatro meses e cinco deles quedaron traballando en Intellectia Bank, Conexiona Telecom, Contact Comunicación, Redegal e Quobis Networks.

n

As empresas e centros tecnolóxicos interesados en participar na convocatoria de 2011 teñen que enviar as súas propostas de proxecto de I+D+i, indicando o perfil apropiado dos recursos humanos que poden necesitar para o seu desenvolvemento, a isabel@tecnopole.es.

n