Aberto o prazo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole

n

n

As empresas e centros tecnolóxicos do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen de prazo ata o 4 de marzo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole, dirixida a impulsar iniciativas conxuntas de I+D+i con grupos de investigación da Universidade de Vigo.

n

n
nEn 2012 iniciouse a colaboración entre oito empresas e dous centros tecnolóxicos de Tecnópole con investigadores da Universidade de Vigo en proxectos de diversos campos de coñecemento.
n
nOs promotores dos proxectos postos en marcha a partir da convocatoria do ano pasado foron as empresas Formato Verde, Intellectia Bank, Conexiona, Ideit, Enyiris, Contact Comunicación, Redegal e Telémaco, xunto co Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
n
nEn total, dez universitarios colaboraron con estas empresas durante 2012. Tanto os estudantes como as empresas e o centro tecnolóxico participantes na iniciativa valoraron moi positivamente a experiencia e deron por satisfeitas as súas expectativas, segundo se desprende da enquisa realizada por Tecnópole.
n
nAs empresas e centros tecnolóxicos interesados en participar na convocatoria que permanece aberta teñen que enviar as súas propostas de proxecto de I+D+i, indicando o perfil apropiado dos recursos humanos que poden necesitar para o seu desenvolvemento, a isabel@tecnopole.es.

n

 

n