As axudas do programa Innplanta foron convocadas mediante publicación no BOE o pasado 4 de xuño. O prazo continuará aberto ata o próximo 27 de xuño e todas as empresas e centros de Tecnópole interesados en solicitalas deben presentar a documentación a través da sociedade xestora antes do día 23 de xuño.
n
n
n
O programa Innplanta, incluído no Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica do Ministerio de Ciencia e Innovación, ten por obxectivo apoiar a implantación ou mellora de infraestruturas científico-tecnolóxicas destinadas a actividades de I+D+i e a adquisición de equipamento científico-tecnolóxico de entidades instaladas ou en vías de instalación en parques científicos e tecnolóxicos. A nova convocatoria está dotada con 620 millóns de euros para empréstitos e anticipos reembolsables FEDER para o período 2011-2013 e 1,5 millóns de euros en forma de subvención para as entidades colaboradoras.
n
n
Distínguense tres tipos de actividades subvencionables. O primeiro cobre estudos de viabilidade para a implantación ou mellora de infraestruturas utilizables para actuacións científicas e tecnolóxicas. En segundo lugar, pode solicitarse apoio para proxectos de implantación ou mellora de infraestruturas utilizables para actuacións científicas e tecnolóxicas. Por último, concederanse axudas para proxectos de adquisición de equipamento de infraestruturas científicas e tecnolóxicas. Poderá solicitarse axuda para dous tipos combinados de actuación, sempre que sexa conveniente a súa viabilidade conxunta. O período máximo de execución para calquera acción proposta será de tres anos.
n
n
(Fonte: Oficina de Proxectos de Tecnópole)
n