O Instituto de Empresa e Applied Innovation Institute, en colaboración con Mobile World Capital Barcelona, organizan a primeira edición do EU Mobile Challenge. Trátase do concurso europeo de desenvolvemento móbil que terá lugar previo á competición mundial. Europa súmase así ao reto xa comezado por Asia, América e Oriente Medio. Os ganadores de cada competición rexional disputarán unha gran final mundial durante o Mobile World Congress 2015.
O obxectivo de EU Mobile Challenge é dar a oportunidade aos mozos desenvolvedores para que as súas ideas cheguen a facerse realidade. Poderán presentar as súas aplicacións e xogos ante o público especializado, logrando visibilidade, financiamento e usuarios. Ademais, contarán co apoio do Instituto de Empresa, que organizará campamentos de aceleración. Durante este programa, os concursantes recibirán unha valiosa formación, preparándose para ser competitivos como emprendedores no concurso e fóra del.
Os mozos estarán así máis cerca de poder dedicarse profesionalmente ao desenvolvemento móbil, cunha completa experiencia, formación e networking internacional. Buscarase así o impulso de novos talentos, fomentando o emprendemento e innovación que o mercado actualmente demanda.
Os 14 países participantes na primeira edición europea son: España, Portugal, Grecia, Italia, Reino Unido, Holanda, Alemaña, Francia, Suíza, Suecia, Noruega, Dinamarca, Finlandia e Islandia.
O proceso de inscrición finalizará o 31 de decembro, e realizarase en EUMobileChallenge.com. Os concursantes deberán agruparse en equipos de entre 2 a 6 membros. Todos eles deben ter entre 18 e 25 años.
Tras unha selección preliminar, os candidatos competirán en 9 semifinais locais. De cada unha delas xurdirán 3 finalistas. A final do EU Mobile Challenge terá lugar en Barcelona a mediados de febreiro. Posteriormente, durante a celebración de 4YFN, o evento de emprendedores de Mobile World Congress 2015 (2-5 de marzo) terá lugar a final mundial co resto de rexións ou continentes.
(Fonte: Universia)