A inscrición, de carácter gratuíto, dá acceso a servizos de adestramento individualizados en innovación para pemes e autónomos cun total de 35 horas de consultoría desenvolvidas por un consultor experto neste ámbito. Este servizo concrétase en 7 sesións individuais (9 horas) sobre aspectos como o modelo de negocio, a análise de tendencias ou a identificación e priorización de retos; 3 sesións grupais (20 horas) sobre a innovación sustentable, innovación aberta e networking colaborativo; e seguimento individualizado en remoto (6 horas). En definitiva, trátase de analizar e explorar coa empresa como a través da innovación se pode ser máis competitivo.
Ademais, inclúense outros servizos como o acceso á consulta dun mapa de axudas; un servizo de alertas de convocatorias de innovación e fichas resumo e asesoramento en programas de innovación europeos.
De entre todas as inscritas serán seleccionadas 24 empresas para participar no programa. Na pasada edición participaron máis de 750 empresas nas actividades e adestrouse 30 pemes en materia de innovación.
Máis información e formularios de inscrición aquí.
(Fuente: Factoría de Innovación de Vigo)