Aberta a inscrición ao segundo taller de robótica estival para estudantes de 7 a 13 anos

Tras a primeira edición do verán, celebrada ao termo do curso escolar, Tecnópole abre a inscrición ao segundo taller de robótica de verán, que terá lugar entre o 29 de agosto ao 2 de setembro. De novo, está dirixido a estudantes de 7 a 13 anos de idade en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A través de experiencias didácticas divertidas, os participantes achegaranse á tecnoloxía mediante nocións prácticas de construción e programación de robots. Este taller permitirá que os afeccionados ás novas tecnoloxías que quedaron fóra do primeiro taller ou do campamento tecnolóxico T2W teñan a súa oportunidade antes de que dea comezo o curso escolar.

Para garantir a atención personalizada aos asistentes por parte dos formadores, o taller terá un auditorio máximo de 25 participantes. O custo será de 121 euros por alumno/a e a inscrición pode formalizarse aquí.

(Fonte: Tecnópole)