Aberta a convocatoria dos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2013

Os Premios Nacionais de Innovación e de Deseño son o máis alto galardón que se outorga en España como recoñecemento a empresas e profesionais que destacaron por unha traxectoria excelente e exemplar no campo do deseño e a innovación. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 23 de decembro de 2013.

n
n

nPara esta edición contémplanse cinco modalidades: Premio Nacional de Innovación modalidade Traxectoria Innovadora, Premio Nacional de Innovación para a modalidade Compra Pública Innovadora, Premio Nacional de Innovación para a modalidade Internacionalización, Premio Nacional ao Deseño para a modalidade de profesionais e Premio Nacional ao Deseño para a modalidade de empresas.
n
nA modalidade Traxectoria Innovadora distinguirá a aquel empresario cuxos logros favoreceran a innovación en España. A modalidade Compra Pública Innovadora recoñecerá ás entidades públicas locais, autonómicas ou estatais que sexan protagonistas de iniciativas destacadas para promover a innovación utilizando os mecanismos da compra pública. A modalidade Internacionalización premiará as empresas que demostraron a súa vocación internacional e realizaron unha destacable contribución á captación de mercados internacionais para os produtos tecnolóxicos e innovadores
n
nO Premio Nacional ao Deseño na modalidade Empresas ten carácter honorífico. A contía do Premio Nacional ao Deseño para a modalidade de Profesionais é de 30.000 €.
n
nO Premio Nacional ao Deseño para a modalidade de Profesionais recoñecerá a achega do profesional, con traxectoria constante, recoñecida e notoria durante polo menos 15 anos, pola súa contribución á cultura do deseño e a innovación en España. O Premio Nacional ao Deseño para a modalidade de Empresas, distinguirá a empresas, con traxectoria consolidada e amplamente recoñecida no campo do deseño de polo menos 10 anos, polo historial no deseño español, en calquera das súas facetas, e os logros para a integración do deseño na empresa.
n
n(Fonte: Ministerio de Economía)

n