A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), acaba de abrir a convocatoria do terceiro programa Conecta-Peme coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo para presentar proxectos permanecerá aberto ata o 22 de xaneiro.
A convocatoria está dotada con 25 millóns de euros para apoiar proxectos de innovación consorciados entre pequenas e medianas empresas galegas, coa colaboración de centros tecnolóxicos e de investigación e tamén de grandes empresas.
A Axencia Galega de Innovación continuará coa impartición de talleres de traballo sobre as novidades e características desta terceira edición do seu programa específico para pemes innovadoras ao longo da primeira quincena de xaneiro de 2016.
Máis información dos talleres no enderezo electrónico servizos.gain@xunta.es e nos teléfonos 981 957 008 e 981 957 393.
(Fonte: Gain)