A Xunta subvenciona ao 80% a contratación de xestores de exportación para pemes

A Xunta destinará 1,6 millóns de euros á segunda edición do Programa de Xestores de Exportación, que pretende que 80 pequenas e medianas empresas (pemes) contraten profesionais formados neste ámbito para promover o seu acceso a novos mercados.

n
n

 

n

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Joaquín Varela, presentaron a iniciativa nunha rolda de prensa na que explicaron que o Goberno galego subvenciona o 80% do custo da contratación, que durará un ano en caso de empresas individuais e ata tres en caso de asociacións ou clusters, e que o máximo se sitúa en 30.000 euros.

n

 

n

As empresas que desexen acollerse a estas axudas deben estar radicadas en Galicia e presentar un plan de exportacións, que a Xunta avalía. De feito, eses proxectos de internacionalización son "a clave" en caso de que a demanda supere a oferta e o Goberno galego deba seleccionar as empresas que recibirán a subvención.

n

 

n

En calquera caso, Guerra manifestou a súa disposición de ampliar a liña de axudas se a demanda é moi alta ou de ampliala nunha seguinte convocatoria. Neste sentido apuntou que a ampliación de prazas (na primeira edición foron 58, para as que se reservou un millón de euros) se debe ao "éxito" do ano pasado.

n

 

n

Guerra defendeu a necesidade de traballar na internacionalización e na formación como aspectos clave. O plan, defendeu, "é moi atractivo para motivar as pemes" e lograr o obxectivo de que as exportacións aumenten un 30% ao final da lexislatura e sexan 600 as empresas que entren en novos mercados foráneos.

n

 

n

As empresas poden solicitar xa esta subvención, coa que se dará ás empresas unha axuda do 75% do salario bruto anual, cun límite de 15.000 euros se o centro de traballo do xestor está en Galicia e de 25.000 se está no estranxeiro. Se as peticións as fan organismos intermedios (asociacións ou clusters), a axuda ascende ao 80% nos primeiros doce meses; ao 70% no ano seguinte e ao 60% no último. Os límites, neste caso, son de 25.000 euros para un centro en Galicia e de 30.000 para un no estranxeiro.

n

 

n

(Fonte: Europa Press)

n