n
n
A Consellería de Economía e Industria concederá especial atención aos proxectos empresariais que incorporen innovación para mellorar a competitividade, segundo quedou de manifesto na xornada técnica sobre incentivos e axudas á innovación das pemes organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o pasado luns en Tecnópole.
n
n
n
n
n
n
O director do Igape, Javier Aguilera, destacou que as liñas estratéxicas de apoio á iniciativa empresarial que impulsa a Consellería de Economía e Industria están orientadas a facilitar o financiamento de novos investimentos e da actividade regular das empresas; os proxectos de incorporación da innovación para mellorar a competitividade das pemes xa existentes; e as iniciativas orientadas a iniciar ou consolidar a internacionalización das empresas galegas.
n
n
Aguilera sinalou que, en calquera destes tres ámbitos de actuación estratéxica, as empresas de Ourense dispoñen dun marco de apoio privilexiado, especialmente no ámbito dos novos investimentos empresariais, con subvencións mínimas garantidas, que poderán chegar ao 30% no caso de proxectos de nova implantación en Galicia impulsados por pequenas empresas, e con empréstitos directos sen custos.
n
n
O máximo responsable do Igape recordou igualmente que os proxectos de mellora da competitividade impulsados por empresas de Ourense teñen acceso preferente aos apoios, dado que, entre os criterios de avaliación, a localización nesta provincia recibe a puntuación máxima, como acontece tamén coas iniciativas empresariais que buscan o apoio do Instituto para facilitar a internacionalización das empresas; neste caso, se as empresas son de Ourense, á subvención concedida súmaselle, a maiores, un 5%.
n
n
Pola a súa parte, o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, expuxo as liñas principais das axudas a proxectos empresariais de I+D de alto impacto ao amparo do programa FEDER-Innterconecta Galicia. Explicou que nestas datas, tras o peche hai unha semana do prazo de recepción de proxectos, comezará a avaliación das propostas recibidas dende consorcios de empresas galegas en colaboración de centros públicos de investigación, mostrándose convencido de que "non decepcionarán e permitirán mobilizar os 60 millóns de euros que nos puxemos como obxectivo cando lanzamos a convocatoria".
n
n
Capilla enmarcou esta iniciativa como a máis ambiciosa no ámbito do apoio público á innovación empresarial que se realizou ata o momento en Galicia e animou aos máis de cen empresarios presentes na xornada "a que sigan pensando en proxectos nesta liña porque as axudas públicas van ir por ese camiño, o das iniciativas consorciadas en colaboración con centros de coñecemento e con potencial demostrado de creación ou mellora de produtos, procesos e servizos en sectores estratéxicos para a economía galega", apuntou.
n
n
O Innterconecta-Galicia, impulsado conxuntamente pola Consellería de Economía e Industria e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para cofinanciar proxectos de I+D en áreas produtivas estratéxicas, ten na aposta competitiva pola innovación e na creación de emprego a principal xustificación da achega económica que a Xunta realiza neste programa, cofinanciado con fondos FEDER e que se traducirá nun investimento total público-privado "que multiplicará por sete cada euro destinado pola Xunta", segundo cuantificou o director xeral.
n
n
Pola súa banda, o director da área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, adiantou para os empresarios asistentes ao encontro en Tecnópole o contido das liñas de apoio que convocará o Igape en 2012 para facilitar as iniciativas orientadas á mellora da competitividade das pemes mediante a incorporación de innovación.
n
n
No encontro informativo sobre incentivos e axudas á innovación nas pemes participou tamén Isabel Aneiros, que facilitou información sobre os instrumentos de financiamento que pode achegar Xesgalicia, vía capital risco ou en forma de empréstitos participativos, para apoiar proxectos empresariais especialmente innovadores.
n
n
(Fonte: Consellería de Economía e Industria)
n
n
n
n