A Xunta prevé mobilizar 1625 millóns de euros en innovación ata 2020

O consello da Xunta aprobou a semana pasada a chamada Estratexia de Especialización Intelixente (Ris3) na que se deseña o novo modelo produtivo da comunidade baseado na innovación e que resulta un instrumento obrigado para recibir fondos da UE para o período 2014-2020, que nesta ocasión deixa nun segundo plano o financiamento de infraestruturas.

n
n

nO obxectivo deste plan é mobilizar durante os próximos sete anos 1625 millóns de euros en innovación, dos que a cuarta parte, 400 millóns, corresponderían á achega da empresa privada, que así incrementaría a súa participación nesta actividade do 42% actual ao 50%. Outro dos retos que se marca este programa é "captar grandes empresas e multinacionais" para que levanten na comunidade novos centros de investigación ou acceder a industrias de alta tecnoloxía como a aeroespacial ou aeronáutica.
n
n"Imos cambiar e reinventar o noso modelo produtivo de forma que se posibilite un crecemento sustentable e a creación de emprego estable e de calidade", resumiu o conselleiro de Industria, Francisco Conde, que xunto co presidente, Alberto Núñez Feijóo, presentou as liñas xerais do Ris3, que foi deseñada coa participación de máis de 240 axentes -empresas, universidades, clústers ou centros de investigación-.
n
nEsta estratexia é imprescindible para poder recibir os fondos europeos -xa aprobados-, xa que as rexións deben presentar un documento no que especifiquen o seu destino e as vantaxes comparativas de cada territorio. Así, a Xunta prevé mobilizar investimentos por un total de 1625 millóns de euros. Deles, segundo detallou Conde, 930 procederán de fondos propios da Xunta e da UE, 400 da iniciativa privada e o resto, uns 300 millóns, de diversos programas específicos tamén da Unión Europea.
n
nUnha das liñas que seguirá o Goberno galego será a promoción de novos centros de investigación en Galicia, tanto por parte de empresas xa consolidadas na comunidade como Citroën, Telefónica, Indra ou Siemens, como por parte de grandes empresas e multinacionais que buscan novas situacións para os seus laboratorios.
n
nO conselleiro de Industria avanzou que en 2014 se estreará xa esta vía cunha liña de axudas dun millón de euros. "Espero que non teñamos que utilizar un euro e que as empresas veñan sen ningún tipo de subvención", terzou Feijóo.
n
nTres grandes retos
n
nCoa mirada posta sempre na innovación e a implantación de novas tecnoloxías, a Ris3 pretende alcanzar tres retos: un novo modelo de xestión dos recursos naturais e turísticos, un novo modelo industrial enfocado cara ás demandas e necesidades do tecido produtivo e un novo modelo de vida saudable "cimentado" no envellecemento activo.
n
nComo liñas de actuación máis concretas, Conde citou o desenvolvemento de novos produtos vinculados ao mar e á acuicultura a través da biotecnoloxía, a obtención de biocombustibles, fármacos e cosméticos de orixe mariña ou a diversificación da produción de biomasa. Para o turismo, unha idea é desenvolver aplicacións móbiles e abrir novas canles de comercialización directa.
n
nSobre a aposta industrial, quérese mellorar a competitividade dos sectores con máis peso na economía galega, como o téxtil, naval ou automoción e reorientar actividades tradicionais, como a auxiliar do automóbil ou do naval, para "acceder a industrias de alta tecnoloxía como a aeronáutica ou a aeroespacial".
n
nEn canto ao modelo de vida saudable, a Xunta aposta por novas tecnoloxías para aumentar a autonomía de persoas maiores con discapacidade ou crear "alimentos funcionais" para enfermos de diabete ou obesidade.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)
n

n