A Xunta pon en contacto en Tecnópole quince empresas do sector biotecnolóxico con oito fondos de investimento e capital risco

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, destacou a necesidade de potenciar o capital risco como ponte entre o talento galego e o emprendemento innovador, unha vontade que a Xunta busca conseguir con iniciativas como o Bio Investor Day, a lonxa de financiamento para empresas biotecnolóxicas que se celebrou a semana pasada no Parque Tecnolóxico de Galicia, e que presentou xunto á directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez Arca.

n
n

nA terceira edición desta lonxa de financiamento, promovida e organizada por Gain en colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Tecnópole, serviu para poñer en contacto a quince empresas galegas do sector biotecnolóxico con oito fondos de capital risco, tanto públicos como privados, e tanto españois como internacionais. Unirisco e XesGalicia, por parte da Xunta, lideran ese grupo de investidores dende o campo público que se completa co Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, mentres que o sector privado estivo representado por empresas como CRD Inverbio, PrincipiaTech, SuanFarma Biotech, One to One e a isrealí Kerentech.
n
nNesta edición da lonxa, Gain axudou ás empresas galegas cunha sesión preparatoria para conseguir a mellor presentación posible ante os fondos, ademais dunha titoría individualizada con expertos para afondar sobre a súa idea de negocio.
n
nVarela destacou que o apoio do Goberno galego á transferencia dos resultados de investigación ao mercado e ao emprendemento innovador complétase con varias iniciativas, como o Fondo de investimento I2C, dotado con 10 millóns de euros. A través del apóianse proxectos mediante empréstitos participativos con especial atención a iniciativas resultantes da valorización do coñecemento en áreas como a sanidade e a bioalimentación.
n
nO director de Gain sinalou como clave o papel de fondo de investimento Xes-Innova, con capital semente para apoio a proxectos de emprendemento innovador nas súas etapas iniciais a través de empréstitos participativos, e que está dotado con 2 millóns para este ano, coa biotecnoloxía como beneficiaria preferente.
n
nPara empresas xa constituídas e que queren abordar liñas novas, a Xunta abriu este ano unha vía idónea para abordar proxectos innovadores cara a sectores cunha maior presenza de pequenas e medianas empresas, como pode ser o caso do biotecnolóxico: o Conecta-Peme. O programa, que está en fase de resolución, busca mobilizar 25 millóns en proxectos innovadores, que levarán a cabo consorcios de entre tres e seis empresas apoiadas por un centro tecnolóxico ou de investigación. Varela destacou que 46 empresas da provincia de Ourense forman parte de proxectos que pediron axudas deste programa, o que mostra, destacou, a vontade innovadora das empresas ourensás.
n
nAdemais do Conecta-Peme, o director de Gain destacou outros programas clave como o Innterconecta, que nas súas dúas convocatorias mobilizará 215 millóns en proxectos innovadores en toda Galicia, ou os contratos-programa asinados con centros tecnolóxicos e de investigación.
n
nRIS3
n
nPor último, resaltou que a Xunta está a punto de rematar a elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), un documento necesario para que Galicia reciba fondos FEDER e FSE entre 2014 e 2020, e que guiará o futuro investimento en innovación en Galicia. Neste sentido, Varela adiantou que a biotecnoloxía terá un papel moi destacado na Estratexia, xa que é esencial no desenvolvemento de sectores estratéxicos para Galicia como o agroalimentario e a saúde.
n
nPola súa banda, Sonia Martínez destacou a colaboración da Consellería de Sanidade coa de Economía e Industria no campo da investigación e innovación no ámbito da saúde. Neste sentido, destacou o compromiso de Sanidade co sector da biotecnoloxía e a súa aposta pola innovación no sector bio, tanto nas empresas de Galicia coma no sector académico.
n
nInnovación en saúde
n
nNela, dixo, enmárcase o Programa de Desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do sistema público de saúde de Galicia. Indicou que con el se aborda unha das carencias identificadas no ámbito dos hospitais, nos que se levan a cabo proxectos con moito potencial de aplicabilidade clínica, e polo tanto con potencial comercial, pero que a miúdo quedan nunha fase de interese puramente académica ou ás veces chegan a obter resultados e protexelos, pero con dificultades para avanzar máis alá da patente.
n
nSegundo explicou a directora xeral, a través deste programa identificáronse xa máis de 30 proxectos con resultados sobre novas tecnoloxías e novos produtos (terapias, ferramentas de diagnóstico, dispositivos médicos ou software, entre outros). Sanidade está a facer unha análise detallada destes resultados con criterios de mercado e financiará o desenvolvemento con empresas, a través de mecanismos de compra pública innovadora, daqueles proxectos que teñan máis potencial.
n
n(Fonte: Consellería de Economía e Industria)

n