Pese ao parón forzado polas restricións do estado de alarma, a Xunta prevé finalizar as obras do enlace do polígono de San Cibrao das Viñas á autovía A-52 este verán, tal e como estaba previsto. Así o asegurou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras reunión por videoconferencia que mantivo co equipo responsable do proxecto, cuxa execución se retomou.
Os traballos están a realizarse seguindo as indicacións de seguridade e as obras atópanse ao 90 % da súa execución total, ao estar xa “practicamente rematado” o movemento de terras, do mesmo xeito que as estruturas. O viaduto do regato de San Benito está case finalizado e en maio prevese realizar a proba de carga.
Fonte: La Voz de Galicia