A Xunta impulsa accións de I+D por 35 millóns co reto de crear máis de 300 empresas innovadoras

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a activación de recursos por valor de 35 millóns de euros en innovación, que permitirán crear, nos próximos dous anos, 300 empresas innovadoras e mobilizar un investimento total de 80 millóns de euros.

n
n

nO consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Goberno galego, a través da Axencia Galega de Innovación (AGI), e o Ministerio de Economía e Competitividade para impulsar actuacións estratéxicas no campo da innovación e o desenvolvemento.
n
n"Son 35 millóns que teñen como obxectivo crear nos próximos dous anos 300 empresas, mobilizar 42,5 millóns adicionais de investimento privado e conseguir un retorno de 11,8 millóns de fondos europeos", resumiu Feijóo, quen destacou que ese paso permitirá afondar na aposta do Goberno galego pola innovación.
n
nSegundo explicou, a primeira das accións que se vai financiar será a posta en marcha de contratos-programa para a consolidación de centros de coñecemento, centros tecnolóxicos e organismos da Plataforma de Innovación Sanitaria.
n
nEn segundo lugar, apoiarase a posta en marcha dun Centro de Excelencia e Crecemento Empresarial, entendido "como un foro colectivo de boas prácticas na xestión da innovación empresarial en Galicia".
n
nTamén se apostará pola "dinamización" do fondo tecnolóxico, impulsando proxectos susceptibles de recibir financiamento, tendo en conta, sinalou Feijóo, que este cobre "ata o setenta por cento do custo total dos proxectos, quedando o trinta por cento a cargo do beneficiario, como media".
n
nAsí mesmo, insistiu en que o convenio garante "a continuidade" do Programa Rede de Xestores de Innovación de Galicia.
n
n(Fonte: Europa Press)

n