A Xunta destinará 58,5 millóns de euros a financiar novos investimentos empresariais mediante empréstitos directos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e axudas á innovación e mellora da competitividade de pequenas e medianas empresas (pemes).
n
n
n
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o director do Igape, Joaquín Varela, presentaron as convocatorias do programa de empréstitos directos para o 2011 e de axudas Innoempresa. Destacaron que unha das maiores dificultades para os emprendedores e pemes é o acceso ao financiamento. Guerra reiterou o compromiso do Executivo para dar "resposta eficaz" ás necesidades empresariais.
n
n
A Xunta dedicará 55 millóns a empréstitos directos para financiar tanto novos proxectos empresariais como actuacións de ampliación ou modernización de instalacións. Trátase de apoiar a compra de activos materiais, gastos de I+D+i e creación de redes de distribución.
n
n
(Fonte: La Voz de Galicia)
n