O director de IGAPE, Javier Aguilera, e o director da Fundación EOI, Fernando Bayón, rubricaron a sinatura do acordo para a creación desta nova rede de aceleradoras, dotada cun presuposto de 4,8 millóns de euros, que se desenvolverá durante os próximos dous anos, nos que os obxectivos principais serán fomentar o emprendemento no territorio galego e aumentar as posibilidades de desenvolvemento precoz e consolidación dos novos proxectos.
De acordo co compromiso asinado, crearanse seis novos centros de emprendemento e coworking situados nas localidades de Xinzo da Limia, Cabanas de Bergantiños, Monforte, Mondoñedo, Ferrol e Celanova, co obxectivo de impulsar un equilibrio territorial da actividade empresarial.
Mediante accións de formación e asesoramento os ata 1500 emprendedores que poderán acollerse a estes apoios recibirán consellos sobre o deseño e a avaliación do modelo de negocio empresarial dos proxectos presentados. A Xunta escollerá aqueles con maior potencial que serán acelerados na súa posta en marcha e recibirán axudas para a súa consolidación como empresa.
Deste xeito, a Xunta completará un amplo mapa de aceleradoras que xa conta con Agrobiotech, promovida por Parque Tecnolóxico de Galicia e o CETAL de Lugo, e ViaVigo-ViaGalicia, en colaboración coa Zona Franca de Vigo e situadas no porto de Molle de Nigrán e na Confederación de Empresarios de Lugo.
(Fonte: Innovaspain)