O Goberno galego autorizou á Consellería de Economía e Industria á sinatura dun convenio coa Universidade de Vigo para realizar unha nova expedición no 'Gran Burato', co fin de confirmar se existe gas e existen posibilidades de explotación.
n
n
n
A Xunta achegará 760.000 euros para que este ano o Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa, co grupo de xeoloxía mariña e ambiental da Uvigo, amplíe a zona de estudo e efectúe unha valoración sobre a posibilidade de que existan depósitos de hidrocarburos.
n
n
Esta expedición é froito doutra anterior realizada entre o 16 de outubro e o 3 de novembro de 2010 a bordo do mesmo buque e que inclúe evidencias da posible existencia de gas na zona do Gran Burato. O desenvolvemento do proxecto implicará a realización de levantamentos xeolóxicos que se emprenderán como parte desta investigación sobre o fenómeno xeolóxico.
n
n
Innovación na lousa e o granito
n
n
O Goberno galego tamén autorizou a semana pasada a sinatura de dous convenios cos centros tecnolóxicos da lousa e o granito para dotalos con 900.000 euros que permitirán avanzar no desenvolvemento das súas accións de I+D+i.
n
n
Os convenios, de 450.000 euros cada un, permitirán levar a cabo investimentos en recursos humanos e materiais co obxectivo de avanzar na súa consolidación da man do I+D+i. A medida enmárcase no reto de converter a innovación no principal mecanismo de competitividade das empresas galegas e multiplicar a capacidade de valorización do coñecemento desenvolvido nos centros de investigación.
n
n
Segundo o presidente galego, o sector da lousa está a impulsar unha máquina cortadora que entre outras características será insonorizada e evitará emisións de po; mentres que o granito está a estudar o uso de pedra nas fachadas e a súa posibilidade de que se convertan en captadoras de enerxía solar.
n
n
(Fonte: Galiciae)
n