O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria das axudas Innova Peme 2020, no marco da que se destinarán 2,7 millóns de euros a apoiar a sistematización, a potenciación e o desenvolvemento da actividade innovadora de pequenas e medianas empresas (pemes).
Así o trasladou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante unha visita en Vigo á empresa de asistencia a persoas maiores en residencias O Lecer Sénior Care, beneficiaria da convocatoria de 2019, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Deste modo, búscase mellorar a competitividade das pemes e incrementar o mercado ao que se dirixen mediante a introdución de produtos e servizos, así como potenciar o investimento privado I+D en Galicia. Tamén se aspira a fomentar a transferencia de tecnoloxía e a apoiar a innovación aberta e colaborativa. O programa InnovaPeme 2020, cofinanciado por Fondos Feder, apoiará un 50% do presuposto subvencionable das actuacións, que poderá oscilar entre 80.000 e 200.000 euros.
Fonte: El Ideal Gallego